Home / Recursos doutras entidades

ICEX

Rede de Oficinas Económicas e Comerciais no Exterior

A través da súa Rede de Oficinas Económicas e Comerciais no Exterior ICEX ofrece informes sobre países e sobre sectores, listados de importadores extranxeiros e información sobre ferias e asociacións sectoriais de interés no país, entre outros servizos.

 

ICEX

Actividades de promoción da empresa

ICEX pon a disposición das empresas unha ampla gama de ferramentas para a promoción das empresas: participación en feiras internacionais, misións comerciais directas e inversas, misións de prospección ou investigación a mercados exteriores, xornadas técnicas e comerciais, campañas de comunicación e inserción de anuncios en medios extranxeiros, etc.

 

ICEX

ICEX Next

ICEX Next é un programa de 24 meses de duración que combina o asesoramento personalizado e experto para deseñar e executar un Plan de negocio internacional, con apoio económico para impulsar a promoción exterior das empresas e a súa presencia nos mercados seleccionados.

 

ICEX

Estatísticas e información sobre trámites e documentos para a exportación

ICEX pón á disposición das empresas distintas bases de datos con estatísticas sobre as exportacións e importacións españolas, europeas e mundiais, así como información acerca dos trámites aduaneros e tributarios e os documentos comerciais, de transporte e de seguro necesarios para a exportación.

 

ICEX

Servizos personalizados: Ventá global

Ventá Global ofrece, de forma integrada, todos os servizos e o coñecemento da Administración Xeral do Estado para impulsar a internacionalización das empresas. Trátase de servizos personalizados e en certos casos de pago, que inclúen a identificación de socios comerciais, información personalizada de mercados exteriores, organización de misións inversas, elaboración de axendas de reunións de negocios, etc.

 

AICEP

Rede externa AICEP Portugal Global

AICEP conta cunha rede externa integrada no Ministerio de Negocios Extranxeiros para apoiar ás empresas portuguesas na súa internacionalización ou actividade exportadora. As sedes de AICEP en cada país encárganse da prospección xeral do mercado, a búsqueda de oportunidades para empresas portuguesas, a identificación de contrapartes comerciais e da organización de actividades de promoción de Portugal e os produtos portugueses no mercado local.

 

AICEP

Tendas de exportación

Ademáis da rede de oficinas no extranxeiro, AICEP conta con 14 tendas de exportación (lojas da exportação) distribuidas polo territorio portugués, cuxo obxectivo é proporcionar información e soporte técnico ás empresas sobre os produtos e servizos existentes para o apoio e promoción da internacionalización das empresas portuguesas.

 

AICEP

Actividade promocional

A actividade promocional de AICEP inclúe a selección de eventos, o diseño de accións e la incentivación da participación das empresas en feiras comerciais internacionais, misións empresariais, conferencias ou proxectos conxuntos de internacionalización.

 

AICEP

Libraría Dixital

Na páxina web de AICEP as empresas portuguesas teñen á súa disposición un repositorio de informes e documentación coas condicións legais de acceso e información de negocios, sectorial e económica para cada país extranxeiro.

 

AICEP

Capacitación empresarial

AICEP leva a cabo accións de formación e capacitación empresarial. Éstas inclúen “ABC mercados”, sesións grupais de sensibilización sobre un país concreto, “Cómo vender en”, reunións individuais de asesoramento personalizado e “Módulos temáticos” para a sensibilización acerca de temas de actualidade relacionados co comercio e a inversión internacional.
SOCIOS DEL PROYECTO