Home / Recursos das entidades socias

IGAPE

Informe oportunidades de negocio en latinoamérica para empresas TIC

Este estudo realizado no marco do proxecto ACEint leva a cabo unha análise de América Latina como destino para a internacionalización de empresas TIC, en particular para as empresas españolas e portuguesas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

 

IGAPE

Informe tendencias TIC a nivel internacional: Factories of the future

Este estudo realizado no marco do proxecto ACEint ten por obxecto a análise das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) como un dos facilitadores chave da industria manufactureira do futuro (Factories of the Future).

 

IGAPE

Export Galicia

Base de intelixencia de mercados internacionais para empresas galegas que contén perfís país de máis de 185 mercados internacionais, información sectorial, ferramentas para a búsqueda de socios comerciais e información sobre aduanas e outros trámites.

 

IGAPE

Rede Pexga

Rede de oficinas do IGAPE no extranxeiro a disposición das empresas galegas para a solicitude de servizos do tipo prospeción de mercado, apoio na búsqueda de contactos, socios, locais para a implantación en destino, etc. Estas oficinas dispoñen ademáis dun centro de negocios que poñen á disposición das empresas galegas durante visitas ao mercado de destino ou durante determinados periodos de tempo.

 

IGAPE

Xestores de exportación

Base de datos á que poden acceder profesionais con perfil e formación orientados á internacionalización empresarial co fin de difundir esta información entre o texido empresarial galego e canalizar a oferta e a demanda de personal especializado deste tipo.

 

IGAPE

Cooperex

Directorio para facilitar a cooperación empresarial en proxectos de internacionalización, cunha lista de empresas en busca de cooperación agrupadas por sectores, país de exportación ou implantación, ou tipo de cooperación buscada

 

IGAPE

Directorio de empresas de asistencia técnica para internacionalización

Directorio de empresas de asistencia técnica para internacionalización, no que poden consultarse por sector ou canal de especialización, servizo de apoio que prestan, Comunidade Autónoma de ubicación, países ámbito de actuación ou idiomas cos que traballan

 

IGAPE

Observatorio de internacionalización

O observatorio de internacionalización trata de poñer ao alcance de empresarios, traballadores e emprendedores da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal información acerca das oportunidades que ofrecen novos mercados. Inclúe indicadores de internacionalización, monográficos sobre situación do comercio exterior, informes sectoriais e oportunidades de negocio por país.

 

IGAPE

SALT

O Servizo de Acceso ás Licitacións Internacionais (SALT) falicita a participación das empresas galegas nos mercados multilaterais. Entre os servizos que ofrece SALT atópanse un sistema de alertas, buscadores de licitacións e proxectos, resolución de consultas e información sobre oportunidades de emprego.

 

USC

Oferta formativa en internacionalización e comercio exterior

A Universidade de Santiago de Compostela ofrece unha ampla oferta formativa na temática de internacionalización e comercio exterior, que inclúe o Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior, así como cursos de especialista presenciais e cursos de formación executive online.

 

BicMinho

Asesoramento en materia de internacionalización

BicMinho é unha entidade especializada na orientación, apoio e acompañamento técnico para a creación de novas empresas e a modernización das pymes que realiza labores de asesoramento a empresas en materia de internacionalización a través da súa participación como socio en diversos proxectos europeos.
SOCIOS DEL PROYECTO