Home / ACELERADORA

aceleradora_gl

O Acelerador Transfronteirizo para a creación de empresas TIC innovadoras orientadas a mercados internacionais pretende prestar desde o inicio todo o apoio posible para que os proxectos de negocio poidan materializarse a curto prazo.

Servizos:

5.1 ACELERADOR DE MODELOS DE NEGOCIO

Servizo de titorización /asesoramento para a posta en marcha de negocios TIC, aproveitando oportunidades de hibridación con outros sectores económicos.

5.2 ACELERADOR DE MERCADO EXTERIOR

Servizo de titorización/asesoramento en promoción exterior a empresas da Eurorrexión.

Sesións formativas presenciais: para formar emprendedores, empresarios e membros de asociacións empresariais/clústers en estratexias de promoción noutros mercados.

Centro de recursos: casos de éxitos de empresas da Eurorrexión na introdución en novos mercados no estranxeiro.

5.3 ACELERADOR DE FINANCIAMENTO

Servizos de posta en relación de promotores de proxectos e axentes investidores ou financiadores que poidan apoiar os devanditos proxectos.

(Rede de entidades da Eurorrexión que operen no campo do financiamento a proxectos innovadores TIC promovidos por emprendedores ou start ups, empresas ou alianzas de empresas).

SOCIOS DEL PROYECTO