Home / VIXILANCIA

Vixilancia_gl

Un dos servizos avanzados prestado polo proxecto POCTEP ACEINT é o sistema de vixilancia de oportunidades de negocio TIC para empresas da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. As empresas suscritas ao servizo recibirán periódicamente información sobre oportunidades de negocio e mercados de interese. En casos concretos esta información estará adaptada e segmentada ás particularidades de cada proxecto empresarial, considerando as distintas tecnoloxías e mercados obxectivo.

O centro permite identificar e vixiar novas oportunidades de negocio no mercado internacional para a creación de novas empresas TIC ou a definición de novas liñas de negocio TIC innovadoras e con potencial de crecemento.

A plataforma web funciona a través de dous niveis de servizo:

1. Sistema xeral de alertas e oportunidades de negocio do sector TIC elaborados polo centro de recursos, a través da recopilación de información procedente de observatorios, informes, bases de datos e sistemas de vixilancia competitiva existentes específicas para empresas e emprendedores TIC. Ofreceranse os seguintes servizos de información:

2. Servizo personalizado de vixilancia de oportunidades de negocio para empresas  TIC, adaptado ás particularidades de cada proxecto empresarial. Este servizo elabora periódicamente informes exclusivos para cada empresa, adaptados ás tecnoloxías e mercados obxectivo. Este sistema de vixilancia de oportunidades de negocio compleméntase cun servizo de asesoramento técnico especializado, que permita abordar con éxito as oportunidades de negocio detectadas.

As empresas e proxectos emprendedores usuarios do servizo tamén poden participar noutras actividades do proxecto ACEINT: a Escola Eurorrexional de emprendemento TIC e o Acelerador Transfronteirizo de Novos Proxectos TIC.


PARA PARTICIPAR

Se desexa participar no sistema xeral de alertas e oportunidades de negocio  e/ou no servizo personalizado de vixilancia de oportunidades de negocio para empresas  TIC, pode solicitar a súa inscrición cubrindo o seguinte formulario:

Empresa ou proxecto emprendedor (requerido)

Persona de contacto (requerido)

Cargo

Email (requerido)

Teléfono de contacto (requerido)

Rexión:

Ademais do sistema de vixilancia xeral, ¿Quere solicitar participar no sistema de vixilancia persoalizado?

Captcha
captcha

SOCIOS DEL PROYECTO